Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a resolución do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 16 de outubro de 1998, pola que se declara deserto o concurso de proxecto e obra para a construcción de cortaváns da estructura e outras obras na estación de autobuses de Pontevedra.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos 212/1979 e 3548/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferencias en materia de transportes, e con base na acta da mesa de contratación,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso de proxecto e obra para a construcción de cortaváns da estructura e outras obras na estación de autobuses de Pontevedra, de conformidade co establecido no artigo 89 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, se notifica advertíndose que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9089