Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de xuño de 1998 pola que se conceden axudas para actividades de alfabetización e formación de adultos.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 148, do 3 de agosto de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

Primeiro.-Na páxina 8.985, no anexo I, punto 1: provincia de Ourense, debe engadirse o Concello de Amoeiro cunha axuda por importe de 450.000 ptas. con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322H.460.0 e, polo tanto, debe anularse no punto 4 onde figura como denegado.

Segundo.-Na páxina 8.987, na relación do punto 2, do anexo I, non debe figura-la asociación de veciños Centro Estación Casablanca de Vigo.

8147