Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998, conxunta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se declara deserto o concurso público para premia-los mellores materiais curriculares sobre educación do consumidor na escola.

Por Resolución do 13 de febreiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 44, do 5 de marzo), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou un concurso público para premia-los mellores materiais curriculares sobre a educación do consumidor na escola; rematado o prazo de presentación das solicitudes para participar no concurso, antes do día 30 de maio, segundo o establecido na base 5ª sen que se recibise ningunha, o xurado nomeado segundo a base 10ª, e de acordo co establecido na base 12ª da citada resolución,

RESOLVEMOS:

Declarar deserto o concurso público para premia-los mellores materiais curriculares sobre a educación do consumidor na escola, por non se ter presentado ningunha solicitude, de conformidade co establecido na base 12ª da Resolución do 13 de febreiro.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

Jorge J. Rodríguez Vázquez-Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

9277