Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.380

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (127/1998).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 127/1998, se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Banco Pastor, S.A. contra Manuel Canelo Veiga e María del Carmen Nieves Castro en reclamación do crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e o termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 12 de xaneiro ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirás ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo.- Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 150018012798, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos; non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro.-Poderán participar coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e a certificación do rexistro ó que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na Secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houber- ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e que queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 15 de febreiro ás 10, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 16 de marzo ás 10 horas, que se celebrará sen suxeición a tipo, debendo consignar, quen desexe tomar parte con ela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados,

entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Este edicto serviralles de notificación ó/ós debedores para o caso de non poder levarse a efecto no predio ou predios puxados.

Bens que se sacan a poxa.

Número cincuenta e sete-vintedous. Local comercial 25-Q (L-25-Q), da primeira planta, no cadrante sudoeste. Superficie: sesenta e seis metros e oitenta decímetros cadrados. Estrema tomando como referencia a zona verde exterior; fronte, predio anterior e portal 5; fondo, local 7-S sobre o acceso sur á praza central; dereita entrando, portal 5 e vía exterior corredor C-1; e esquerda, rúa interior. Cota 0.062907%.

Inscrición. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número 1, tomo 1.170, libro 193, folio 27, predio número 19.626.

Tipo de poxa.

Once millóns catrocentas vintecatro mil pesetas (11.424.000 pesetas).

Dado en Santiago de Compostela o sete de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

9436