Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á instalación de piscinas no complexo deportivo Acea da Ma, no concello de Culleredo (A Coruña) e cinco máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ós que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Instalación de piscinas no complexo deportivo Acea da Ma, no concello de Culleredo (A Coruña).

a) Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: seiscentos vintetrés millóns novecentas vintedúas mil setecentas cincuenta e cinco pesetas (623.922.755 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: f. Grupo: J; subgrupo: 2; categoría: d.

3. Obxecto do contrato.

Construcción de campo de fútbol e vestiarios no concello de Carnota (A Coruña).

a) Prazo de execución: dez (10) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: sesenta e un millóns trescentas dezanove mil cento noventa e cinco pesetas (61.319.195 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

4. Obxecto do contrato.

Construcción de pavillón polideportivo na urbanización Os Tilos, no concello de Teo (A Coruña).

a) Prazo de execución: nove (9) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: noventa millóns novecentas corenta e unha mil oitocentas trita e oito pesetas (90.941.838 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

5. Obxecto do contrato.

Construcción de pistas de tenis e instalacións deportivas complementarias no complexo deportivo de Samil, no concello de Vigo (Pontevedra).

a) Prazo de execución: oito (8) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento vintesete millóns setecentas sesenta e catro mil setecentas noventa e cinco pesetas (127.764.795 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: e.

6. Obxecto do contrato.

Construcción de piscina cuberta e climatizada no concello de Chantada (Lugo).

a) Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento noventa e catro millóns duascentas dezasete mil cincocentas setenta e tres pesetas (194.217.573 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

7. Obxecto do contrato.

Reforma do vestíbulo da sede da Secretaría Xeral para o Deporte, sita no Estadio Multiusos de San Lázaro, concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

a) Prazo de execución: dous (2) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: oito millóns cincocentas setenta e cinco mil duascentas corenta e catro pesetas (8.575.244 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Non se esixe clasificación.

8. Garantía provisional.

Dispénsase polo Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño. Salvo no contrato ó que se refire o punto 7 precedente, no que será preciso a súa prestación por importe de cento setenta e unha mil cincocentas cinco pesetas (171.505 ptas.).

9. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e que así o fagan constar na caranta do sobre A (Documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Prescricións fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos

procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

11. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

12. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

9088