Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.349

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (93/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 93/1994, séguese procedemento executivo outros títulos, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Manuel Vázquez López, domiciliada en Barazón-Santiso, Ana María Rodríguez Iglesias, domiciliada en Barazón-Santiso e María Alicia Vázquez López, domiciliada en Barazón-Santiso, en reclamación de cantidade, nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e poxa pública, polo termo de vinte días e prezo da súa avaliación, os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán:

Os bens saen a licitación nun só lote.

A poxa celebrarase o próximo día 21 de decembro de 1998, ás once horas da mañá, na Sala de Audiencia deste xulgado, sito na rúa de Lugo, 45-47 de Arzúa, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomaren parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina 1475, conta de consignacións número 1510-000 a favor do expediente executivo 93/1994.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoa na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo do ingreso do importe citado no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 21 de xaneiro de 1999, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira, e caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 18 de febreiro de 1999, tamén ás once horas, rexendo para a dita poxa as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o oito de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa

Referencia catastral: 001604100 NH84 E, do catastro de urbana diseminado; sita no lugar de Barazón número 41, termo municipal de Santiso. Linda ó norte: camiño público; ó sur: Jesús e Fermín Vázquez Guntín e Xesús Piñeiro Silva; leste: camiño público e oeste: camiño público, Constantino Cagide Miguélez e outro. Polos signos externos pódese evidenciar sobre o terreo que é unha casa de planta rectangular de dúas alturas, construída hai máis de cincuenta anos con paredes de pedra, piso de madeira, en estado regular de conservación e dispón duns alboios anexos. O predio sobre o cal está edificada a casa e a porción circundante, de difícil delimitación (de uso horta, eira e curral), estímase que poida medir uns dous ferrados, equivalente a 10 áreas e 72 centiáreas.

Valoración da casa: dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 pesetas).

8850