Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1998 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección bibliotecas e sección arquivos) da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, convocadas por Resolución do 13 de novembro de 1997 da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 15 de decembro) e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e o artigo 78 n) dos estatutos da universidade

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección bibliotecas e sección museos) da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionarios de carreira, os interesados prestarán xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto deste nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a recepción desta notificación, debendo comunicarlle previamente ó rector da universidade a súa interposición.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

ESCALA DE AXUDANTES DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS

E MUSEOS (SECCIÓN ARQUIVOS E SECCIÓN BIBLIOTECAS)

DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Sección arquivos:

Nº orde: 1.

Apelidos e nome: Fariña Fernández, Jaime.

DNI: 35.307.577.

Nº orde: 2.

Apelidos e nome: Castro Campelle, Mª Dolores.

DNI: 32.649.607.

Nº orde: 3.

Apelidos e nome: Arribas López-Anglada, Mónica.

DNI: 33.272.636.

Sección bibliotecas:

Nº orde: 1.

Apelidos e nome: Ortega González, Montserrat.

DNI: 76.706.112.

Nº orde: 2.

Apelidos e nome: Andrade García, Ana Mª.

DNI: 33.263.864.

Nº orde: 3.

Apelidos e nome: Bouza Piñeiro, Aurora.

DNI: 32.034.496.

Nº orde: 4.

Apelidos e nome: Rincón Conde, Marta.

DNI: 35.308.177.

Nº orde: 5.

Apelidos e nome: Cabada Giadás, Cristina.

DNI: 36.059.719.

8704