Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 7 de maio de 1998 pola que se convocan e aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 99, do 26 de maio de 1998, cómpre efectua-la seguinte rectificación:

-Na páxina 5.702, no artigo 2 onde di: «Para a concesión das axudas convocadas na presente orde destinarase a cantidade total de 2.600.000 ptas. para os anexos I e II e 16.500.000 ptas. para o anexo III con cargo á partida orzamentaria 07.05.322C.440.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998»; debe dicir: «Para a concesión das axudas convocadas na presente orde destinarase a cantidade total de 2.600.000 ptas. para os anexos I e II e 16.500.000 ptas. para o anexo III con cargo á partida orzamentaria 07.05.322C.484.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998».

9350