Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 13 de outubro de 1998 pola que se amplía o prazo de xustificación do investimento realizado ó abeiro da Orde do 2 de xullo de 1998 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para a realización e mellora de infraestructuras nos polígonos empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 2 de xullo de 1998 pola que se regula a concesión de axudas para a elaboración ou execución de estudios e proxectos de investimentos para a incorporación de novos servicios e a actualización e mellora dos existentes en materia de comunicacións, subministración eléctrica, iluminación, saneamento, vías, ou a dotación de infraestructuras para a prestación de servicios avanzados que poidan

ser prestados con carácter horizontal e que supoñan unha mellora en materia de xestión, seguridade e formación (Diario Oficial de Galicia nº 137, do 17 de xullo de 1998).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda, a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 1 de novembro de 1998.

Tendo en conta a tardía publicación da devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio, do 2 de xullo de 1998, ata o día 30 de novembro de 1998.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8097