Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998 que rectifica outra do 8 de setembro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de vixilancia e seguridade dos edificios sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

Detectado erro material na transcrición do orzamento máximo de licitación do concurso público de referencia, anunciado no Diario Oficial de Galicia, do 24 de setembro de 1998.

1. Modifícase o epígrafe 4 da Resolución do 8 de setembro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de vixilancia e seguridade dos edificios sede do Igape en Santiago de Compostela, Diario Oficial de Galicia nº 186, que queda redactado como segue:

«Orzamento máximo de licitación: 5.416.100 ptas., imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído.

2. Modifícanse os epígrafes 1 e 2 da cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares, que quedan redactados como segue:

«3. Orzamento:

3.1. O orzamento máximo global para esta contratación ascende a 5.416.100 ptas. (cinco millóns catrocentas dezaseis mil cen pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, establecéndose como límites máximos de prezo/hora de servicio os seguintes (IVE incluído): 1.462 ptas./h. por servicios prestados no local sito en Frei Rosendo Salvado, 16 (Santiago de Compostela), y 1.508 ptas./h. por servicios prestados no local sito en San Lázaro.

De tal cantidade, ata un máximo de 454.000 ptas. imputaranse á partida 0111 1210 22700 dos orzamentos do Igape para 1998, e 4.962.100 ptas. á mesma partida 1999, logo de existencia de crédito adecuado e suficiente».

Modifícase a cláusula 12ª do prego de prescricións técnicas, que queda redactada como segue:

«12. Prezo:

O prezo total máximo que pode oferta-lo adxudicatario para realiza-lo servicio obxecto do presente contrato ascende a 5.416.100 ptas. (cinco millóns catrocentas dezaseis mil cen pesetas).

Este prezo farase efectivo por mensualidades vencidas, do seguinte xeito:

De novembro a decembro de 1998: máximo mensual de 321.640 ptas.

(40 días laborables x 11 horas x 1.462 ptas./h.).

De xaneiro a outubro de 1999: máximo mensual de 477.282 ptas.

(211 días laborables x 15 horas x 1.508 ptas./h.).

Tendo en conta que os cálculos realizados para calcula-lo prezo deste contrato, debido a que a data de traslado ó novo edificio non é un dato fixo, senón aproximado, as ofertas que realizarán as empresas aspirantes formularanse en termos de prezo por hora de servicio realizada, sempre respectando os dous límites antes estipulados (o do total do contrato, e o do total mensual), fixándose o límite máximo en 1.462 ptas./h. (IVE incluído) realizadas no local de Frei Rosendo Salvado, 16 (Santiago de Compostela), e 1.508 ptas./h. (IVE incluído) nas realizadas no novo edificio do Igape en San Lázaro (Santiago de Compostela)».

4. Ábrese novo prazo de presentación de ofertas, que rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo

día hábil seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

9229