Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, de varios contratos de proxecto e obra. (Expedientes C-98/020 e C-97/030).

1. Contrato:

Proxecto de execución e obra de construcción de 21 vivendas, garaxes e rochos en Pontedeume. Expediente: C-98/020.

Orzamento:

Cento noventa e tres millóns catrocentas noventa mil seiscentas oitenta e catro (193.490.684) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución:

Dezaoito (18) meses.

Clasificación:

Grupo C; subgrupos 2, 4, 6 e 7; categoría d.

Garantía provisional:

Dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva:

Sete millóns setecentas trinta e nove mil seiscentas vintesete (7.739.627) pesetas.

2. Contrato:

Proxecto e obra de construcción de 36 vivendas, garaxes e locais comerciais no polígono de Esteiro, Ferrol. Expediente: C-97/030.

Orzamento:

Trescentos vinteún millóns corenta mil duascentas trece (321.040.213) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución:

Vintecatro (24) meses.

Clasificación:

Grupo C; subgrupos 2, 4 ,7 e 9; categoría e.

Garantía provisional:

Dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva:

Doce millóns oitocentas corenta e unha mil seiscentas nove (12.841.609) pesetas.

Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán en cada contrato estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións:

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, a partir das dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio:

O importe deste anuncio será aboado proporcionalmente polo adxudicatario de cada contrato.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

9230