Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO sobre a relación de propietarios e bens afectados pola realización das obras de colectores de augas residuais, canalización do ría Anllóns e Edar en Carballo, modificado número I.

Iniciado procedemento de expropiación forzosa para a ocupación dos bens e dereitos que se dirán necesarios para a realización das obras de colectores de augas residuais, canalización do río Anllóns e Edar en Carballo, modificado nº I, declaradas de utilidade pública, pola Corporación, en sesión do 5 de outubro de 1998, faise pública a relación de propietarios e bens afectados para que, dentro do prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, poidan os interesados formular alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposicións dos bens e estado material ou legal, achegando cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se consideren cometidos na relación que fixese pública.

Para os efectos de emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer para alegar e ofrecer cantos antecedentes ou referencias sirvan de fundamento para as rectificacións que procedan.

Este anuncio serviralles de notificación nos termos establecidos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados individualmente.

Relación de bens afectados.

Predio catastral: 155- Políg. 82.

Propietario: María García Becerra.

Cualificación urbanística: non urbanizable de protección de leitos fluviais.

Superficie: 450 m.

VUC: 455 ptas./m.

Valor expropiación: 221.540 ptas.

Carballo, 6 de outubro de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado