Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización das instalacións de gasificación do Noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa, addenda I, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio

público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de gasificación do Noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa, addenda I, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38 (C.P. 28028), Madrid, titular das concesións administrativas outorgadas por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 16 de outubro de 1997 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para uso industrial no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións de gasificación do Noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa, addenda I.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

Inclúese unha nova acometida para o Hospital do Salnés e outra para Fundiciones Rey, partindo da rede de Vilagarcía de Arousa no vértice V-PO-085B cun diámetro de 4''.

Vai paralelo ó FF.CC Pontevedra-Santiago para de seguida cruzar tanto o ferrocarril como a estrada N-640. A conducción toma un camiño polo cal accede ó Hospital do Salnés onde se deixa a súa arqueta de acometida.

Dous metros antes da acometida ó Hospital do Salnés parte a nova acometida a Fundiciones Rey.

Termo municipal afectado:

Vilagarcía de Arousa.

Orzamento: o orzamento suplementario ascende a nove millóns duascentas trece mil cento corenta e cinco pesetas (9.213.145 ptas.).

Afección a predios particulares:

A afección a predios de propiedade privada derivada da construcción das instalacións auxiliares do gasoducto, concrétase da seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se han de construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións) así como o dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que haxa a unha distancia inferior á indicada.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e operacións precisas ós ditos fins.

Tres: para as liñas eléctricas:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará.

-Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar acto ningún que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando desde o centro da liña de postes do tendido.

-Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

-Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, para poder realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados pola dita addenda, a relación dos

cales se insire ó final deste anuncio, para que poidan examinala na Dirección Xeral de Industria, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Pontevedra, Rúa Nova de Abaixo nº 2, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren opor

tunas no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados addenda I da rede de Vilagarcía de Arousa

Abreviaturas utilizadas: Exp.-Expropiación en dominio, Lnx.-Lonxitude, O. Tem.-Ocupación temporal.

Termo municipal: Vilagarcía de Arousa.

Finca NºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

Lng.

m.l.

O.

Tem.

m.l.

Exp

m

Polig.Parc.

PO-VA-131 VHrds. de Enriqueta López Ballestero y Remírez de Esparza (Not: Miguel Remírez de Esparza e López Ballesteros). Avda. López Ballesteros, 20. A Torre 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.8383036925Terreo de labor

(sen cultivo)

PO-VA-132 VHrds. de Enriqueta López Ballestero y Remírez de Esparza (Not: Miguel Remírez de Esparza e López Ballesteros). Avda. López Ballesteros, 20. A Torre 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.2527036921Terreo de labor

(sen cultivo)

PO-VA-133 VMª Luisa Barcala Fojada. Avda. de Rubiáns 34. Barneitos 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.1420036919Terra de labor

(millo)

PO-VA-133-Bis VDelia Vidal Layo Ruianes 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.1420036919Terra de labor

(millo)

PO-VA-134 VRenfe10140FF.CC.

Redondela-Santiago

PO-VA-135 VMª Luisa Barcala Fojaca. Avda. de Rubiáns 34. Barneitos 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.6891036952Terreo de labor

(sen cultivo)

PO-VA-136 VAlicia Mondragón Castro Bar La Casalla. Santa Ccatalina. Godos 36615 Caldas de Reis. Pontevedra.05036952Terreo de labor

(patacas)

PO-VA-137 VMinisterio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.16224Estrada N-640
PO-VA-138 VExpano (Not: Julio Mondragón Gomez). O Montiño, 14. Cea 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.979803746Terreo de labor

(industrial)

PO-VA-139 VFundiciones Rey (Not: Luis Carlos Rey Raño): Polig. Ind. de Rubiáns. Apdo. de Correos 93 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.454503745Monte alto

(industrial)

PO-VA-140 VAyuntamiento 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.9072037Camiño
PO-VA-141 VFundiciones Rey (Not: Luis Carlos Rey Raño): Polg. Ind. de Rubiáns. Apdo. de Correos 93 36600 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.437817Terreo industrial

8978