Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Muras II para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 029 EOL).

De conformidade con disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Muras II coas seguintes características:

Peticionario: Sistemas Energéticos Muras, S.A. Praza Concello, s/n. 27836 - Muras (Lugo).

Situación: concellos de Muras e Ourol (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.603.500, 4.821.000); V(0.608.000, 4.822.000).

V(0.609.000, 4.820.000); V(0.607.000, 4.820.000).

V(0.607.000, 4.814.000); V(0.606.000, 4.814.000).

V(O.604.500, 4.815.000); V(0.604.500, 4.817.000).

V(0.605.500, 4.817.000); V(0.605.500, 4.819.500).

V(0.603.500, 4.819.500);

Superficie afectada: 2.075 ha.

Potencia bruta: 25 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 22 de setembro de 1998.

Serafín Núñez Ramos

Delegado provincial substituto de Lugo

9220