Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de setembro de 1998 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Alabe-Cadramón.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de setembro de 1998, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Alabe-Cadramón.

Segundo.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Alfoz, Abadín, e O Valadouro queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto.

O que se publica no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9244