En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de setembro de 1998, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Alabe-Soán.
Segundo.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Muras e O Valadouro queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.
Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto.
O que se publica no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
8795