Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do ámbito da UA 11 As Roteas en Coruxo (expediente 4062/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión celebrada o día 4 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do ámbito da UA 11 As Roteas, conforme a documentación obxecto da súa aprobación inicial.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 22 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-Presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

8828