Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do 6 de xullo de 1998, do Concello de Vilalba, referente á convocatoria para prover en propiedade unha praza de sarxento da policía local, por oposición libre, vacante no cadro de persoal deste concello.

No BOP nº 179, do 6 de agosto de 1998, publicáronse as bases que rexerán na convocatoria.

As instancias para tomar parte na dita convocatoria deberán dirixirse ó presidente da corporación, as cales se presentarán no rexistro xeral do concello ou na forma en que determina o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir da última publicación deste anuncio no BOE ou no DOG.

Vilalba, 18 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9185