Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía Delegada para a área de urbanismo, con data 11 de setembro de 1998, dictou resolución do seguinte teor:

«1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación redactado polos servicios municipais para a pavimentación da rúa Agra do Orzán, que afecta a un tapón sinalado co nº 1 da rúa Bellavista.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo sistema de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, que se formalizará mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, así como a notificación persoal os interesados nos termos que prevé o artigo 144.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o citado prazo poida ser consultado nas dependencias do Servicio de Urbanismo deste Concello, de luns a venres e de 12 a 13.30 horas, e presentar cantas alegacións coide oportunas na defensa dos seus dereitos».

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertíndolles ós posibles interesados de que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres desde as 12 ata as 13.30 horas.

A Coruña, 16 de setembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

8858