Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da obra de reparación e conservación de aire acondicionado, para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 95/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obra:

1. Reparación e conservación de aire acondicionado en seis quirófanos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

II. Clave: Exp. 95/1998.

III. Orzamento aproximado: 9.132.777 ptas. (nove millóns cento trinta e dúas mil setecentas setenta e sete pesetas), IVE incluído.

IV. Prazo de execución: trinta días, desde o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

V. Clasificación: grupo J, subgrupo 2 e 4, categoría a.

VI. Garantía provisional:

O 2 por 100 do orzamento do contrato: 182.656 ptas.

Os empresarios que acrediten a clasificación indicada no punto anterior están dispensados de presta-la garantía provisional.

VII. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e urxente.

VIII. Admisión de variantes: admitirase a presentación de variantes no obxecto deste prego, sempre que respectando o obxecto da obra e o orzamento máximo autorizado, melloren as esixencias técnicas previas.

IX. Criterios de adxudicación: os que se establecen no punto 10 da folla de especificacións.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados

e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIII. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIV. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

8827