Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

O Concello de Barreiros, en sesión plenaria extraordinaria do 28-11-1997, aprobou inicialmente o proxecto de modificacións puntuais nas normas subsidiarias de planeamento de Barreiros, redactado por Monsa Urbanismo e a apertura dun trámite de información pública durante un mes contado a partir do día seguinte ó da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para presentación de alegacións que serán resoltas polo Pleno; de non presentarse ningunha, darase traslado do expediente á consellería competente para a emisión do informe a que se refire o artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño. Así mesmo, acordou a suspensión do procedemento de outorgamento de licenicas naquelas zonas nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, determinándose expresamente as seguintes: Altar-San Cosme (angular estrada Viladaide - Casiano Moreno), Remior, Preguntoiro (San Miguel), Malata (Reinante); Triana (San Miguel), Canteiro (San Pedro), Pasadas - Os

Pelamios (San Miguel), todas elas sinaladas nos planos.

Barreiros, 15 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8899