Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración e entrega de roupa de uniforme para axentes forestais da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: subministración de roupa de uniforme para axentes forestais.

2.2. Prazo de execución: 30 días desde a formalización do contrato.

3. Orzamento base de licitación:

Importe total: 24.999.840 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata ou do lote ó que se presenten ofertas.

5. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata ou do lote adxudicado.

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: r/ Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó de remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

8678