Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación de catro servicios de desinsección e saneamento en conxuntos retablísticos e catedralicios.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de servicios:

1. Desinsección e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto retablístico do ámbito das provincias de Ourense e Lugo.

-Orzamento de licitación: 8.767.000 ptas. (oito millóns setecentas sesenta e sete mil pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: vinte (20) días.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Desinsección e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto retablístico do ámbito das provincias de Pontevedra e A Coruña.

-Orzamento de licitación: 5.233.000 ptas. (cinco millóns duascentas trinta e tres mil pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: dezasete (17) días.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Desinsección e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto catedralicio da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo e Santa Mª de Lugo.

-Orzamento de licitación: 10.600.000 ptas. (dez millóns seiscentas mil pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: dezasete (17) días.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

4. Desinsección e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto catedralicio de San Martiño de Ourense.

-Orzamento de licitación: 8.300.000 ptas. (oito millóns trescentas mil pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: dezasete (17) días.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

9175