Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai público o acordo de reordenación dos polígonos de bateas Cambados A, B, C, D, E, F, H e I.

Ponse en coñecemento de tódolos interesados no procedemento de revisión e reordenación dos polígonos de bateas A, B, C, D, E, F, H e I do distrito marítimo de Cambados declarado de interese marisqueiro e urxente execución por orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de 4-5-1987 (DOG nº 96 e 100) segundo o regulado no Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, que por proposta da Comisión de Revisión e Reordenación da provincia de Pontevedra, na súa reunión do día 29-9-1998 aprobou o acordo de reordenación dos citados polígonos, que se exporá ó público mediante avisos insertos por unha soa vez no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como por tres días consecutivos nos taboleiros de anuncios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Delegación Territorial de Vigo, Delegación Comarcal do Carril e confrarías de

pescadores da Illa de Arousa e Cambados.

O acordo de reordenación estará á disposición de tódolos interesados nos seguintes locais:

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Servicios centrais, San Caetano s/n, Santiago de Compostela

-Delegación Territorial de Vigo, Palma nº 4, Ed. Cambón, Vigo

-Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, Alto da Rosa, O Carril (Pontevedra)

Confrarías de pescadores.

-Confraría da Illa de Arousa, r/ Agro da Porta nº 1- A Illa de Arousa (Pontevedra)

-Confraría de Cambados, Avda do Peirao, 29 Cambados (Pontevedra)

Asociación de Mexilloeiros Isleños San Esteban (AMI).

Peirao do Chufre, 1-A Illa de Arousa (Pontevedra).

O prazo de exposición será de trinta días, contados desde o seguinte ó da inserción do último aviso, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 423/1993.

Contra o acordo de reordenación, os interesados poden interpoñer recurso ordinario perante o con

selleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, dentro do prazo dun mes, contado desde a finalización do prazo de exposición de acordo co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

9136