Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1998 pola que se convocan os aspirantes para solicita-la inclusión nas listas de nomeamentos temporais de médicos especialistas en pediatría de atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega.

Con data do 20 de xuño (DOG nº 118, do 20 de xuño de 1997), publicouse o pacto sobre nomeamentos temporais de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega. Resolución conxunta do 27 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CEMS, en condición esta última adherida, sobre nomeamentos de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega.

O citado pacto é de aplicación a tóda a Comunidade Autónoma galega e afecta os nomeamentos e contratacións temporais do persoal estatutario facultativo especialista en pediatría, ou, se é o caso, médi

cos xerais que acrediten o diploma de posgraduado en puericultura, con destino en atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

No punto 5 do mencionado pacto prevese unha nova oferta no caso de que se esgoten as listas.

Mediante a presente resolución, convócanse os novos aspirantes, especialistas en pediatría, concedéndoselles ós interesados un prazo máximo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da data de publicación da convocatoria no DOG, para presenta-la súa solicitude.

Os aspirantes que figuren inscritos a través da anterior convocatoria do 21 de xaneiro de 1998 non terán que presentar novas solicitudes. Os méritos valorables serán unicamente os causados ata o día 20 de xaneiro de 1998, día anterior ó da data correspondente á anterior convocatoria.

Para poder formula-la solicitude, os aspirantes deberán acreditar no momento da súa presentación a nacionalidade española ou dun país da Unión Europea, ou se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

As solicitudes poderán presentarse en modelo normalizado e coa documentación acreditativa pertinente nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nas Xerencias de Atención Primaria, no prazo sinalado.

Para xeral coñecemento, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVE:

Acorda-la publicación da convocatoria extraordinaria para solicita-la inclusión nas listas de nomeamentos temporais do persoal estatutario na categoría de médico especialista en pediatría nas distintas áreas de atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega, nas condicións fixadas no pacto.

Resolución conxunta do 27 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CEMS, en condición esta última adherida, sobre nomeamentos de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

Manuel Silva RomeroValeriano Martínez García

Secretario xeral da ConselleríaDirector xeral da División de

de Sanidade e Servicios SociaisRecursos Humanos do Servicio

Galego de Saúde

9117