Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 28 de setembro de 1998 pola que se resolve a integración de centros bibliotecarios na rede de bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción Cultural, en conformidade co establecido no artigo 10 da Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos no referente á creación de bibliotecas municipais en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e pola que se regula a integración na rede de bibliotecas de Galicia.

DISPOÑO:

Primeiro.-Intégranse na rede de bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Boqueixón e rematando pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Vila de Cruces.

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada ó asinamento dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servicio público que deberá axustarse ó estipulado na Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, que regula os centros bibliotecarios fixos, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de asinamento deste convenio non deberá ser superior ós tres meses. De non cumprise este prazo deixará sen efectos a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da rede de bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Boqueixón.

-Axencia Municipal de Lectura de Camporrapado. Concello de Boqueixón.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello da Capela.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Cariño.

-Biblioteca Pública Municipal de Cedeira.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Trazo.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Vedra.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Alfoz.

-Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil de Foz.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Mondoñedo.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Monforte de Lemos.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Rábade.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello do Valadouro.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baños de Molgas.

-Bilbioteca Pública Municipal do Concello de Cartelle.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Muíños.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Quintela de Leirado.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Viana do Bolo.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Vilar de Santos.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Agolada.

-Biblioteca Pública de Beluso. Concello de Bueu.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Catoira.

-Biblioteca Pública Municipal da Estrada.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Gondomar.

-Axencia Municipal de Lectura das Covas. Concello de Meaño.

-Axencia Municipal de Lectura de Dena. Concello de Meaño.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Mondariz-Balneario.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Poio.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Ponte-Caldelas.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello do Rosal.

-Biblioteca Pública Municipal de Cordeiro. Concello de Valga.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Valga.

-Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas do Concello de Vila de Cruces.

9206