Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998 pola que se establecen as datas de elección dos membros das xuntas provinciais dos directores de centros de ensino non universitario.

A Orde do 10 de decembro de 1997 (DOG do 18) creou e regulou as xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario.

A Resolución do 4 de febreiro de 1998 (DOG do 18), da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario, establecía no seu artigo primeiro que a elección dos directores que formarán parte das citadas xuntas provinciais se efectuará nas datas fixadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coincidindo coa renovación dos consellos escolares no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por corresponderlle no curso 1998-99 a renovación dos consellos escolares dos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, esta dirección xeral, en uso das atribucións expresadas na disposición derradeira da Orde do 10 de decembro de 1997,

RESOLVE:

Primeiro.-A elección dos directores que formarán parte das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario efectuarase no primeiro trimestre do curso académico 1998-99, de tal xeito que a constitución delas se leve a cabo antes do día 30 de novembro de 1998.

Segundo.-Correspóndelle ó delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a convocatoria da dita elección en cada provincia dentro do prazo previsto e o establecemento do calendario de actuacións.

Terceiro.-A regulación do procedemento de elección dos membros das xuntas provinciais de directores, e a constitución e funcións das xuntas electorais, seguirá o procedemento establecido na Resolución do 4 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa (DOG do 18).

Cuarto.-Os directores dos centros públicos integrados, para os efectos do regulado no artigo 4º da Orde do 10 de decembro de 1997, serán elixidos polo e entre o colectivo de directores de centros de educación infantil e primaria/colexios de educación primaria/escolas de educación infantil/educación especial/educación permanente de adultos.

Disposición transitoria

Os electores elixidos membros das xuntas provinciais no proceso electoral convocado con carácter

excepcional pola Resolución do 4 de febreiro antes citada cesarán como integrantes da dita xunta o 31 de outubro de 1998.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

8987