Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Cemar de Mondariz-Balneario (Pontevedra), solicitando autorización para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral
non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 2048/1995 (BOE 9-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Terceiro.-O centro que por esta orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Mondariz-Balneario.
Localidade: Mondariz-Balneario.
Enderezo: estrada xeral Ponteareas Mondariz km.7.
Código do centro: 36019724.
Denominación específica: Cemar.
Titular: Jesús Fernando Marcote Vilar.
Ensinanzas que se autorizan: 1 ciclo formativo de grao superior Animación de Actividades Físicas e Deportivas da familia profesional de actividades físicas e deportivas. 2 unidades (20 postos/unidade).
9182