Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de outubro de 1998 pola que se lle autoriza definitivamente a implantación dos ciclos formativos de grao superior Administración e Finanzas, Administración de Sistemas Informáticos, Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Animación Sociocultural ó Centro de Estudios Marcote de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do Centro de Estudios Marcote de Vigo, solicitando autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior Administración e Finanzas, Administración de Sistemas Informá

ticos, Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Animación Sociocultural ó Centro de Estudios Marcote de Vigo.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que lo remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración e finanzas, Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas informáticos, Real decreto 2034/1995 (BOE 3-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en producción de audiovisuais, radio e espectáculos, Real decreto 2058/1995 (BOE do 21-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en animación sociocultural, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22),

sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que por esta orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Cabral.

Enderezo: Avda. Ponte, 82.

Código do centro: 36019116.

Denominación específica: Centro de Estudios Marcote.

Titular: Centro de Estudios Marcote S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

-1 ciclo formativo de grao superior Administración e Finanzas da familia profesional de administración. 2 unidades (20 postos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos da familia profesional de informática. 2 unidades (20 postos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos da familia profesional de comunicación, imaxe e son. 2 unidades (30 postos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior Animación Sociocultural da familia profesional de servicios socioculturais e á comunidade. 1 unidade (30 postos).

9183