Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de setembro de 1998 pola que se clasifica como benéfico social a Fundación Andrea Gómez.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Andrea Gómez con domicilio en Ourense.

Supostos de feito.

1. José Gómez Gómez, na súa calidade de presidente do padroado da fundación, en escrito do 28 de agosto de 1998, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ourense, o día 15 de xuño de 1998, ante o notario Luis Rajoy Brey, co número novecentos cincuenta e oito do seu protocolo, por Luis Vilallonga Elorza e José Gómez García, que interveñen no seu propio nome e derecito e ademais, Luis Vilallonga Elorza en nome e representación de José Gómez Gómez.

3. Segundo consta no artigo cinco dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a axuda á parálise cerebral infantil e participar de forma activa na promoción e desenvolvemento de toda actividade de carácter centífico, educacional e cultural que redunde no beneficio da sociedade. Por iso impulsará a creación, construcción, equipamento e desenvolvemento dos instrumentos materiais necesarios para realizar estas actividades.

4. O padroado da fundación estará constituído por José Gómez García como presidente, Luis Vilallonga Elorza como secretario e José Gómez Gómez como vocal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese benéfico social da Fundación Andrea Gómez, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese benéfico social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de

autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 28 de setembro de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Clasificar como de interese benéfico social a Fundación Andrea Gómez e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

9184