Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.155

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de outubro de 1998 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A).

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A), por Orde do 4 de xuño de 1998 (DOG nº 121, do 25 de xuño), de conformidade co establecido na base III.1 de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Que a composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A), será o seguinte:

Titulares:

Presidente: José Antonio Campo Andión, director do Instituto Galego de Estatística.

Vocais: José Mª Rioboo Almanzor, catedrático de universidade.

José Manuel Colmenero Álvarez, delegado do INE.

Reyes Sánchez Arana, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Manuela Fraguela Seoane, secretaria técnica do Instituto Galego de Estatística.

Suplentes:

Presidenta: Mª Dolores Casais Mira, directora xeral de Tributos.

Vocais: José Manuel Cancelo de la Torre, catedrático de universidade.

Manuel A. Presedo Quindimil, profesor titular de universidade.

Xulio García González, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª José Álvarez Álvarez, funcionaria da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e da Administración

Pública

8772