Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria con data do 11 de agosto de 1998, e por unanimidade, a modificación puntual das NN.SS. do planeamento, relativa ó predio dos herdeiros de Manuel Orosa Playa e Mª Elena Orosa Durán, no cruzamento de Xubia.

Por medio deste anuncio e de acordo co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia,

sométese a información pública polo prazo dun mes, para efectos de que poida ser examinado polos interesados, e, se procede, presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Neda, 9 de setembro de 1998.

José C. Pita López

Alcalde

8555