Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de proxecto de modificación singular das normas subsidiarias de ordenación urbana do municipio de Nigrán: aprobación definitiva.

O Concello de Nigrán, por acordo plenario do 31 de xullo de 1998, aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación coa Lei de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, o proxecto de modificación singular das normas subsidiarias de ordenación urbana do municipio de Nigrán relativa á ordenación da UA-21, na Ramallosa. O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

A citada resolución ponlle fin á vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. A interposición do referido recurso requirirá a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 7 de setembro de 1998.

José Villar Pereira

Alcalde

9167