Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANTADA

ANUNCIO.

Rematados os traballos de elaboración do avance da revisión-adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Chantada, nun grao de desenvolvemento que permite formula-los criterios obxectivos e as solucións xerais de planeamento, ábrese un período de información pública de tres meses, contados desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que durante el poidan ser formuladas suxestións e, se é o caso, outras alternativas de planeamento por corporacións, asociacións e particulares.

Os traballos poden examinarse no salón de sesións da Casa do Concello, os días laborables, agás os sábados, en horario das dez ás trece horas.

Chantada, 17 de setembro de 1998.

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

Alcalde

8554