Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de setembro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación para a ampliación do expediente de clasificación dun monte desta provincia (129/80).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase a ampliación (coas características que a seguir se indican) do expediente de clasificación número 129/80:

Denominación da ampliación: monte: As Regas e Penas Apertadas (parte que estivo ocupada polo

exército e que fora excluída na resolución do xurado coa data do 16-11-1981).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Pedreda.

Concello: Lugo.

Descrición do perímetro:

As Regas divide polo S cos montes do mesmo nome das parroquias de Bóveda e Castelo, polo cume da lomba de Outeiro Longo a Penas Apertadas, dividindo augas.

Penas Apertadas divide polo alto do mesmo nome, dividindo augas, cos montes de Castelo e Galegos, polo SO.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada coa data do 26 de maio de 1998 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 7 de setembro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

8882