Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de setembro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (6/93 e catro máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

Expediente número 6/93:

Denominación: monte: de San Pedro.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de San Pedro de Farnadeiros.

Concello: O Corgo.

Superficie: 69 ha.

Lindeiros:

Os do termo parroquial son:

Norte: termos da parroquia de Paradela. Leste: termos da parroquia de Anseán. Sur: termos da parroquia de Sabarei e termos e montes da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros. Oeste: termos da parroquia de Quinte.

Descrición do perímetro:

O único límite salientable no perímetro destes montes da parroquia de San Pedro de Farnadeiros é polo S do monte Farnadeiros, que divide polo cume da divisoria de augas co do mesmo nome da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros.

Expediente número 7/93:

Denominación: monte: de Vilaboa.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilaboa.

Parroquia: Fonteita.

Concello: O Corgo.

Superficie: 43 ha.

Lindeiros:

Os do termo veciñal son:

Norte: termo municipal de Castroverde. Leste: río Tórdea, dividindo co termo municipal de Castroverde. Sur: termos da parroquia de Fonteita. Oeste: termos e montes da parroquia de Queizán.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables destes montes de Vilaboa son:

-Polo NE dividen co termo municipal de Castroverde segundo a mouteira, baixando cara ó NO.

-Polo NO divide cos montes da parroquia de Queizán, subindo cara ó NE polo Rego Porto do Roxo.

Expediente número 8/93:

Denominación: monte: de Queizán.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Queizán.

Concello: O Corgo.

Superficie: 133 ha.

Lindeiros:

Norte: termo municipal de Castroverde. Leste: termo municipal de Castroverde e montes de Vilaboa. Sur: predios particulares desta parroquia. Oeste: predios particulares desta parroquia.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables no perímetro destes montes da parroquia de Queizán son polo N e E seguindo a mouteira co termo municipal de Castroverde, e polo E cos montes de Vilaboa baixando polo Rego Porto do Roxo.

Expediente número 9/93:

Denominación: monte: de Segovia.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Segovia.

Concello: O Corgo.

Superficie: 72 ha.

Lindeiros:

Norte: termo municipal de Lugo. Leste: predios particulares. Sur: predios particulares. Oeste: predios particulares.

Descrición do perímetro:

O único límite salientable destes montes da parroquia de Segovia, son polo N co termo municipal de Lugo, co que baixa pola mouteira cara ó SE seguindo un regato, de baixada ó río Romeán.

Expediente número 10/93:

Denominación: monte: Fervenza, Cimbro, Veiga das Lagas e Farnadeiros.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros.

Concello: O Corgo.

Superficie: 167 ha.

Lindeiros:

Os do termo parroquial son:

Norte: termos e montes da parroquia de San Pedro de Farnadeiros. Leste: termos das parroquias de Sabarei e de Lapío. Sur: termos e montes da parroquia de Cerceda. Oeste: río Miño, dividindo co termo municipal de Guntín, e termos da parroquia de Quinte.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables do perímetro destes montes da parroquia de Ssnto Estevo de Farnadeiros son:

-Polo S o monte Fervenza divide pola divisoria de augas da Fonte do Crego cos montes da parroquia de Cerceda, cos que tamén divide o Cimbro faldreando polo S da divisoria de augas de Cimbro.

-Polo N o Farnadeiros divide polo cume da lomba que divide augas coa parroquia de San Pedro de Farnadeiros.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada coa data do 29 de marzo de 1993 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 7 de setembro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

8677