Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de instalación da nave de maduración do residuo estabilizado do CTRIG.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de instalación da nave de maduración do residuo estabilizado do

CTRIG, situado no termo municipal das Somozas, provincia da Coruña.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello das Somozas.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

8676