Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve a ampliación do expediente de clasificación dun monte desta provincia (29/92).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 26 de maio de 1998 na Sala de Xuntas nº 1, da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, José Abelardo Blanco Serrano e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución seguinte:

Expediente número 29/92, relativo ó monte Fial, Penamaría e outros, pertencente ós veciños da parroquia de Noceda, concello do Inicio. O xurado por unanimidade acorda amplia-la calsificación como veciñais en man común ás dúas parcelas coñecidas por Carrasquedo I e Carrasquedo II, de acordo co informe favorable remitido polo Servicio de Montes e Industrias Forestais da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes o 18 de novembro de 1993, informe que foi solicitado polo xurado no seu escrito do 6 de abril de 1993, en relación co acordo adoptado na sesión do 20 de marzo do mesmo ano, motivado polo recurso de reposición interposto o 3 de marzo de 1993 (rexistro de entrada 2832, do 4 de marzo) por Manuel López Álvarez e tres veciños máis da parroquia de Noceda, no que solicitaban a clasificación das dúas parcelas citadas que foran excluídas da resolución do 16 de

novembro de 1992, pola que se clasificaba o resto do monte.

Características das dúas parcelas.

Carrasquedo I.

Superficie: 0,15 ha.

Lindeiros:

Norte: herdeiros de Juan Arrais. Leste: camiño Real. Sur: pista do polideportivo que parte da estrada nacional. Oeste: pista do polideportivo que parte da estrada nacional.

Carrasquedo II.

Superficie: 0,30 ha.

Lindeiros:

Norte: propiedade de Jaime Gai. Leste: propiedade dos herdeiros de Emilia Tallo Moro. Sur: propiedade dos herdeiros de Juan Arrais. Oeste: propiedade de Manuel Leizán e casa de Francos Freán.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 26 de maio de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

9132