Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (40/92 e cinco máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 26 de maio de 1998 na Sala de Xuntas nº 1, da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, José Abelardo Blanco Serrano e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 40/92: montes de Cuíñas, Pando e San Cristovo, nos lugares de Cuíñas, Pando e San Cristovo, parroquia de Cuíñas, concello da Fonsagrada.

Expediente número 43/83: monte Baliña, nos lugares de Son e Vilar, parroquia de Son, concello de Navia de Suarna.

Expediente número 3/95: monte de Pobra, no lugar de Pobra, parroquia de Pobra de Navia, concello de Navia de Suarna.

Expediente número 4/95: monte de Río, no lugar de Río, parroquia de Folgueiras, concello de Navia de Suarna.

Expediente número 5/95: monte de Vilarantón, no lugar de Vilarantón, parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

Expediente número 6/95: monte de Seón ou Pena Parda e Redondas, no lugar de Seón, parroquia de Freixís, concello de Navia de Suarna.

1Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 26 de maio de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

8674