Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de cursos de formación para os servicios telemáticos do programa Igatel.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de cursos de formación para os servicios telemáticos do programa Igatel do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo,

15701, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 11 87. Fax: 981 54 11 01.

b) Número de expediente: CP nº 13/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Servicios de cursos de formación para os servicios telemáticos do programa Igatel. O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: curso de iniciación ós servicios telemáticos do Igape.

Lote 2: curso de bases de datos do Igape I.

Lote 3: curso de bases de datos do Igape II.

Lote 4: curso de servicios de comunicacións.

Lote 5: curso de Internet.

Lote 6: curso de fontes de información electrónicas externas.

Lote 7: curso de formación de xestores de información para a empresa.

Lote 8: asistencia técnica e loxística.

b) Prazo de vixencia: o prazo de vixencia do obxecto do concurso será dun ano a partir da formalización do contrato, prazo que poderá ser prudentemente prorrogado durante o ano 1999 no caso de que por circunstancias sobrevidas non se realizasen tódolos cursos contratados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 6.750.000 ptas., imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído. O devandito orzamento distribúese por lotes e anualidades como se sinala a continuación:

19981999Total por lotes

Lote 1375.000 ptas.1.125.000 ptas.1.500.000 ptas.
Lote 2:225.000 ptas.675.000 ptas.900.000 ptas.
Lote 3:225.000 ptas.675.000 ptas.900.000 ptas.
Lote 4:87.500 ptas.262.500 ptas.350.000 ptas.
Lote 5:87.500 ptas.262.500 ptas.350.000 ptas.
Lote 6:250.000 ptas.750.000 ptas.1.000.000 ptas.
Lote 7:200.000 ptas.600.000 ptas.800.000 ptas.
Lote 8:237.500 ptas.712.500 ptas.950.000 ptas.
Total

por anos:

1.687.500 ptas.5.062.500 ptas.6.750.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación para cada lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9) Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

8883