Por medio do presente edicto notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, por ter enderezo descoñecido, o seguinte trámite levado a cabo no expediente disciplinario que se lle instrúe:
1. Elaboración do prego de cargos, con data 17 de setembro de 1998, que se atopa a súa disposición nos locais da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3 (Unidade de Recursos e Reclamacións, 4ª planta), para que a expedientada poida, no prazo de oito días hábiles, exerce-lo seu dereito de vista e presente as alegacións que considere pertinentes na súa defensa.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notifiación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 17 de setembro de 1998.
Beatriz Alonso de la Iglesia
Instructora
8938