Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Enfermería del Trabajo y Salud Laboral.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e dos estatutos da

Asociación Gallega de Enfermería del Trabajo y Salud Laboral, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos enfermeiros, diplomados en enfermería de empresa, especialistas en enfermería do traballo e saúde laboral, exercendo ou non, así como os profesionais que presten os seus servicios de xeito permanente no terreo da saúde laboral.

Asinan a acta de constitución: Javier Mª Martínez Galán e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

9145