Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 15 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lle notifican a Dolores Mercedes García Rubio diversos trámites levados a cabo no expediente que se lle instrúe.

Advertidos erros na publicación da citada cédula (DOG nº 157, do 14 de agosto de 1998), cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 9.450, onde di: «Cédula do 15 de xullo de 1998, da Delegación provincial da Coruña, pola que se lle notifican a Dolores Mercedes García Rubio diversos trámites levados a cabo no expediente que se lle instrúe», debe dicir: «Cédula do 15 de xullo de 1998, da instructora do expediente disciplinario que a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ordenou instruír por acordo do 8 de maio de 1998 a Dolores Mercedes García Rubio,

pola que se notifican diversos trámites levados a cabo no devandito expediente».

-Na páxina 9.450, no parágrafo primeiro punto 2, onde di: «con data do 6 de xullo de 1998», debe dicir: «con data 15 de xullo de 1998».

-Na páxina 9.450, no parágrafo segundo, onde di: «o vindeiro día 27 de xullo de 1998», debe dicir: «o vindeiro día 30 de xullo de 1998».

9142