Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/108-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Soutipedre-Rebodepó.

Situación: Manzaneda.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV, en conductor LA-56.

1ª.-De 3.687 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 40 da L.M.T. Vao-Cimadevila e remate no C.T. con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Rebodepó.

2ª.-De 90 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. Placín-Rebodepó e remate no C.T. con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Trabazos.

3ª.-De 973 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 25 da L.M.T. Placín-Rebodepó e remate no C.T. con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Soutipedre, R.B.T. aéreas do C.T. de Rebodepó, do C.T. de Trabazos e do C.T. de Soutipedre con 135, 260 e 555 metros respectivamente en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 3 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8563