Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/119-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Covas.

Situación: Os Blancos.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56.

1ª.-De 3.018 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 81 da L.M.T. existente a Baltar e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Covas.

2ª.-De 142 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. proxectada a Covas e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Penalonga, 2 R.B.T. aéreas con orixe nos devanditos C.T. de 1.060 y 385 metros respectivamente en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, deo 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 3 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8564