Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/107-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Saénz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Bresmaus.

Situación: Sarreaus.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 238 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 29 da L.M.T. Codosedo-Padroso-Sarreaus e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Bresmaus. R.B.T. aérea de Bresmaus con 2.710 metros en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 3 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8562