Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/30-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Couto-Pino.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: 3 liñas soterradas a 20 kV, en conductor R.H.V.-12/20 V.

1ª.-Couto-Pino de 1700 m de lonxitude, derivada desde o apoio da liña aérea que cruza o río Miño desde o matadoiro do Pino a Reza e fin no C.T. subterráneo da urbanización Vista Hermosa.

2ª.-C.T. Reza-1 C.T. Reza-2 de 585 m de lonxitude con orixe no C.T. existente na caseta rural Reza-1 e remate no apoio da L.M.T. aérea que cruza o río Cara ó matadoiro do Pino no paseo das Ninfas.

3ª.-C.T. urbanización Vista Hermosa C.T. subestación Erbedelo de 220 m de lonxitude con orixe no C.T. soterrado de urbanización Vista Hermosa

e remate no C.T. da caseta subestación Erbedelo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 2 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8565