Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Casaldoira.
Situación: Allariz.
Descricións técnicas: 3 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56.
1ª.-De 993 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 69 da L.M.T. existente Allariz-Celanova e remate no apoio nº 6 da L.M.T. proxectada ó C.T. con 100
kVA, r/t 20.000/380-220 V de Magarelos-Portela.
2ª.-De 529 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. proxectada a C.T. de Magarelos-Portela e remate no C.T. aéreo proxectado de Magarelos-Portela.
3ª.-De 392 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. proxectada a C.T. Magarelos-Portela e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA r/t 20.000/380-220 V de Quintas de San Trocado. R.B.T. aéreas con orixe nos C.T. proxectados, de 765 e 1395 m respectivamente en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 2 de setembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
8561