Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 265/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade

pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,56 km, con orixe no centro de transformación Sanín e final no apoio nº 4 da liña de media tensión ó centro de transformación Ventosa (expediente 265/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Sanín-Ventosa (termo municipal de Paderne).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), Praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 21 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 265/1998Provincia: A Coruña

L.M.T. Sanín-VentosaTermo municipal: Paderne

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2CortiñaLabradíoAntonia Ucha AbrodosJ. Alguero Penedo, 5-3ºI

15300 Betanzos

40400

4RedondoPradoAntonia Ucha AbrodosJ. Alguero Penedo, 5-3ºI

15300 Betanzos

2236360

7LoiboPradoAntonia Ucha AbrodosJ. Alguero Penedo, 5-3ºI

15300 Betanzos

60960

8Frei-GarcíaMonte altoJosé Crespo AbrodosCosta, s/n

15314 Paderne

3246736

9Pena do AsnoPradoConsuelo Dopico PurriñosSaavedra Meneses, 99-1ºI

15300 Betanzos

60960

12Pena do AsnoPradoAntonio Pérez PurriñosMonasterio de Bergondo, 12-8º

15010 A Coruña

34544

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

13Pena do AsnoPradoAntonio Pérez PurriñosMonasterio de Bergondo, 12-8º

15010 A Coruña

25250

14PuzaLabradíoJosé Varela FaraldoSan Jaime, 24-2º

15007 A Coruña

50500

16PuzaPradoJosefa Crespo VarelaMandeo, 19B

15300 Betanzos

16160

20CubeloMonte altoDivina Freire CabanasBarqueira

15314 Paderne

721001600

8356