Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 268/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,679 km, coa orixe na liña de media tensión Cesuras-Teixeiro e final no centro de transformación proxectado Edreira. Centro de transformación tipo intemperie Edreira, cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación

15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea de 0,11 km de lonxitude con orixe no centro de trans

formación proxectado Edreira, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 268/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Edreira (termo municipal de Curtis).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 21 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 268/1998Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. e R.B.T. EdreiraTermo municipal: Curtis

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5Ramalleiro do M.RobledalJesús Brañas NaveiraArada-Sta. María Fisteus, s/n

15379 Curtis

52832

6Braña da ChousaBrañalVirtudes Brañas GarcíaUrb. Canuta. Isaac 24F

06371 Calpe-Alicant

œ 3156560

7Braña da ChousaPradoElena Brañas NaveiraMerced, 79-5º D

15009 A Coruña

œ 3142425

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8Camposa da ChousaPradoHdos. Matilde Naveiras Sánchez

Ref. Celestino Brañas Naveira

Pol. Elviña-2ª fase, BL.1, P-2-6º D

15008 A Coruña

88870

9O TarreoLabradíoJesús Brañas NaveirasArada-Sta. María Fisteus, s/n

15379 Curtis

œ 41660

10O TarreoPradoJesús Brañas NaveirasArada-Sta. María Fisteus, s/n

15379 Curtis

œ 4139618

11O TarreoPradoObdulia Brañas NaveirasMerced, 79-5ºI

15009 A Coruña

39624

12O TarreoPradoElena Brañas NaveirasMerced, 79-5ºI

15009 A Coruña

42672

13O TarreoPradoCelestino Brañas NeiraPol. Elviña, 2ª fase, Bl. 1, P-2-6ºD

15008 A Coruña

C.T.645720

8582